Ascóspora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Morchella elata, contendo ascósporas.

Ascóspora é unha espora (meiospora) que se produce no interior dun asco.[1] Esta clase de espora é específica dos fungos clasificados como ascomicetos (Ascomycota).

Tipicamente un asco contén oito ascósporas. As oito esporas son producidas pola combinación dunha división redutora (meiose), seguida por unha división normal (mitose). A meiose transforma o núcleo diploide orixinal do cigoto, con carga xenética 2n, en catro células haploides con carga xenética n.

Como consecuencia da meiose, todo o ADN de ambos os dous sistemas duplícase, para facer un total de catro sistemas. O núcleo que contén os catro sistemas divídese en dúas etapas, separándose en catro novos núcleos. Despois deste proceso, cada un dos catro duplicados experimenta unha división por mitose. Consecuentemente, o asco conterá catro pares de esporas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ascóspora.