Asaari Bibang
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Asaari Bibang Ngui 28 de xullo de 1985 (39 anos) Malabo (Guinea Ecuatorial) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora, monologuista, activista |
Influencias | |
Assari Bibang Ngui, coñecida como Asaari Bibang, nada en Malabo o 28 de xullo de 1985, é unha actriz, escritora, humorista e activista ecuatoguineana afincada en España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como actriz protagonizou a súa primeira película en 2010, Área de Descanso.[1] En 2015 debutou como monologuista e realizou unha xira por España co seu espectáculo La negra batalla.[1][2] Participou en Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La resistencia, Las que faltaban ou Comedy Central.[2][3]
En 2021 Bibang presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra.[4] Ese ano deu un monólogo durante a gala dos Premios Feroz no que criticaba a precariedade laboral e a situación das actrices cando cumpren anos, que a deu a coñecer entre o gran público.[4] Ademais, colabora coa revista feminista Pikara Magazine e o diario El País.[3]
Forma parte do equipo do podcast No hay negros en el Tíbet, de temática antirracista, xunto co produtor musical, beatmaker e locutor Frank T e o cómico e actor Lamine Thior.[5]
Activismo
[editar | editar a fonte]Bibang é moi crítica cos papeis que se lles outorgan en España ás persoas negras e afrodescendentes, así como coas barreiras que as mulleres negras atopan se quixeren dedicarse á actuación en España. Critica o racismo non só da sociedade española, senón tamén da industria audiovisual.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- 2021 – Y a pesar de todo, aquí estoy[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2011 | Área de descanso | Wambara | |
2012 | Evelyn | Elizabeth | |
2016 | Centro médico | Adana | |
2019 | La resistencia | Ela mesma | 1 episodio |
2019 | Las que faltaban | Ela mesma | 1 episodio |
2020 | La mujer ilegal | Khatia | |
2021 | Premios Feroz | Presentadora | |
2021 | ¿Y si sí? | Cómica | |
2022 | No hay negros en el Tíbet | Ela mesma |
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2023 Premios Desalambre na categoría de activismo individual.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Plaza Casares, Sara (14 de agosto de 2021). "Asaari Bibang: “Me hace feliz que otras mujeres negras se reconozcan en mí y vean que ningún espacio nos está prohibido”". El Salto (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Cadenas, Julia F. (3 de febreiro de 2020). "“Mi hijo lo va a tener más difícil que yo el día de mañana por el hecho de ser negro”". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Comas Casas, Berta (10 de xullo de 2021). "Asaari Bibang: "Las cómicas no somos champiñones, somos currantas"". Arainfo (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez, Miriam (5 de maio de 2021). "Asaari Bibang, la actriz que convierte la reivindicación en comedia: “Tratar temas espinosos desde el arte siempre es una buena idea”". El País (en castelán) (Prisa). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Llanos Martínez, Héctor (4 de abril de 2022). "‘La noria’ de Elizabeth Duval y otros podcast conversacionales para el mes de abril". El País (en castelán) (Madrid: Prisa). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ MM, Pablo (11 de marzo de 2021). "Asaari Bibang: "Si no hay sitio para mí, lo dejaré"". Kamchatka (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Bibang, Asaari (2021). Y a pesar de todo, aquí estoy (en castelán). ilustrado por Galbany. Barcelona: Penguin Random House. ISBN 9788402425102. OCLC 1299232786. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Emilio Morenatti y Asaari Bibang, galardonados con los IV Premios Desalambre". elDiario.es (en castelán). 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023.