As vacacións do Sr. Hulot
Aparencia
(Redirección desde «As vacacións do señor Hulot»)
As vacacións do Sr. Hulot | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Vacances de monsieur Hulot |
Director | Jacques Tati |
Produtor | Fred Orain |
Guión | Jacques Tati Henri Marquet |
Intérpretes | Jacques Tati Nathalie Pascaud Micheline Rolla |
Música | Alain Romans |
Distribuidora | DisCina |
Estrea | 25 de febreiro de 1953 |
Duración | 114 minutos (versión de 1953) 86 minutos (versión de 1978) |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
As vacacións do Sr. Hulot (en francés: Les Vacances de monsieur Hulot) é un filme francés de 1953 protagonizado e dirixido por Jacques Tati. O filme introduce o personaxe de Monsieur Hulot, que aparece nos seguintes filmes de Tati, como Meu tío (1958), Playtime (1967) e Trafic (1971). O filme valeulle recoñecemento internacional para o seu creador cando se estreou no ano 1953. Foi moi exitoso e vendeu un total de 5 071 920 entradas en Francia.[1]
Estreouse subtitulado en galego o 9 de agosto de 2014 a través da TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O distraído e desastrado, mais simpático e adorábel Sr. Hulot vai pasar as vacacións no balneario de Saint-Marc-sur-Mer causando as grandes e divertidas confusións por onde pasa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jacques Tati como Monsieur Hulot
- Nathalie Pascaud como Martine
- Micheline Rolla como a tía
- Valentine Camax como muller inglesa
- Louis Perrault como Fred
- André Dubois como o alcalde
- Lucien Frégis como dono do hotel
- Raymond Carl como camareiro
- René Lacourt como Strolling Man
- Marguerite Gérard como Strolling Woman
- Claude Schillio como fotógrafo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Les Vacances de Monsieur Hulot (1953)- JPBox-Office". Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Versión en galego (ed.). "As vacacións do Sr. Hulot na TVG". Consultado o 28 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As vacacións do Sr. Hulot na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)