As vacacións do Sr. Hulot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As vacacións do Sr. Hulot
Les Vacances de Monsieur Hulot title.jpg
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLes Vacances de monsieur Hulot
DirectorJacques Tati
ProdutorFred Orain
GuiónJacques Tati
Henri Marquet
IntérpretesJacques Tati
Nathalie Pascaud
Micheline Rolla
MúsicaAlain Romans
DistribuidoraDisCina
Estrea25 de febreiro de 1953
Duración114 minutos (versión de 1953)
86 minutos (versión de 1978)
OrixeFlag of France.svg Francia
XéneroComedia

As vacacións do Sr. Hulot (en francés: Les Vacances de monsieur Hulot) é un filme francés de 1953 protagonizado e dirixido por Jacques Tati. O filme introduce o personaxe de Monsieur Hulot, que aparece nos seguintes films de Tati, como Meu tío (1958), Playtime (1967) e Trafic (1971). O filme valeulle recoñecemento internacional para o seu creador cando se estreou no ano 1953. Foi moi exitoso e vendeu un total de 5 071 920 entradas en Francia.[1]

Estreouse subtitulado en galego o 9 de agosto de 2014 a través da TVG.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Hotel de La Plage, en Saint-Marc-sur-Mer, onde se rodou unha parte do filme

O distraído e desastrado, mais simpático e adorábel Sr. Hulot vai pasar as vacacións no balneario de Saint-Marc-sur-Mer causando as grandes e divertidas confusións por onde pasa.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Jacques Tati como Monsieur Hulot
  • Nathalie Pascaud como Martine
  • Micheline Rolla como a tía
  • Valentine Camax como muller inglesa
  • Louis Perrault como Fred
  • André Dubois como o alcalde
  • Lucien Frégis como dono do hotel
  • Raymond Carl como camareiro
  • René Lacourt como Strolling Man
  • Marguerite Gérard como Strolling Woman
  • Claude Schillio como fotógrafo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Les Vacances de Monsieur Hulot (1953)- JPBox-Office". Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  2. Versión en galego (ed.). "As vacacións do Sr. Hulot na TVG". Consultado o 28 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]