As tres Grazas (Rubens)
As tres Grazas | |
---|---|
Artista | Peter Paul Rubens |
Data | 1636-1639 |
Técnica | óleo |
Dimensións | 221 cm × 181 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
As tres Grazas é un cadro do pintor barroco Peter Paul Rubens, exposto no Museo do Prado de Madrid, España. Está pintado ó óleo e mide 221 cm de alto por 181 cm de ancho.
Análise do cadro
[editar | editar a fonte]Como noutros cadros de tema mitolóxico, Rubens expón de xeito moi distinto ó dos artistas que o precederon. Esta obra do chamado príncipe dos pintores flamengos é a antítese da obra anterior de Rafael Sanzio As Grazas, caracterizada por un sentimento xeral de castidade. Representan ás fillas de Zeus e poden citarse como tipo de beleza ideal aínda que poden corresponder á beleza máis sensual. Aglaia, Talía e Eufrósine non foron para Rubens máis que unha escusa para pintar tres academias femininas, reprodución das exuberantes formas das súas habituais modelos.
A composición respecta o modelo clásico que representa ás Grazas completamente espidas e reunidas, pero cambia a relación entre as tres figuras que están conectadas entre si a través dos brazos, o veo transparente que as cobre, e as súas miradas, é dicir, psicoloxicamente, dando así nova unidade ó grupo. A disposición das Grazas forma un triángulo, estando a do medio de costas, coa cabeza volta e apoiada nas súas compañeiras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado I, Col. «Museos del Mundo», Tomo 6, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3809-3, páx. 185
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "As tres Grazas". Museo do Prado. Consultado o 01 de febreiro de 2019.(en castelán)
- "Audioguía educativa sobre o cadro As tres Grazas". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2017.(en castelán)