As covas de aceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As covas de aceiro
Título orixinalThe Caves of Steel
Autor/aIsaac Asimov
CubertaRuth Ray[1]
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United States.svg Revista Galaxy
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Flag of the United States.svg 4 de febreiro de 1954[2]
Galicia 2014
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas296
ISBNISBN 978-84-942005-5-7
TraduciónAlejandro Tobar

As covas de aceiro[3][4] (en inglés: The Caves of Steel) é unha novela escrita por Isaac Asimov e publicada en Galaxy Magazine dende outubro a decembro de 1953. A edición de Doubleday foi publicada en 1954. Nesta obra, Asimov introduce a dúas das súas personaxes máis coñecidas, Elijah Baley e Daneel Elivaw, que volverán aparecer no resto de "Novelas dos Robots".

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[5] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[3]

Características[editar | editar a fonte]

A historia sitúase nun futuro no que o ser humano leva séculos espallándose pola galaxia, ata chegar a ter 50 Mundos Exteriores colonizados. No comezo da novela, a colonización está estancada, e a situación dos habitantes destes planetas colonizados (espaciais ou spacers) e dos terrícolas é moi diferente.

Os terrícolas amontóanse nas Cidades, enormes construcións subterráneas que intentan aproveitar os recursos limitados dunha forma eficiente para poder abastecer á cada vez maior poboación.

Os espaciais atópanse nunha situación completamente diferente. Viven en mundos cunha baixa densidade de poboación, gozan dunha lonxeva vida (chegan facilmente aos 300 anos), viven en harmonía cos robots e teñen un elevado nivel de vida.

Argumento[editar | editar a fonte]

A Elijah Baley, detective do departamento de policía da Cidade de Nova York, encárganlle a investigación dun asasinato no Enclave Espacial, no que viven os poucos espaciais que se atreven a permanecer na Terra. Para resolver o caso, e evitar que os Mundos Exteriores esixan responsabilidade á Terra, deberá traballar cun robot humaniforme, R. Daneel Olivaw.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Publication Listing. Isfdb.org. Consultado o 2 de novembro de 2013.
  2. "Books Published Today". The New York Times: 23. 4 de febreiro de 1954. 
  3. 3,0 3,1 As covas de aceiro. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-942005-5-7 – vía BiTraGa. 
  4. Asimov, Isaac (2014). As covas de aceiro. Editorial Hugin e Munin. ISBN 978-84-942005-5-7. 
  5. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 24. Consultado o 26 de marzo de 2019.