Arturo Saloña Muro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1905 Areeta, España |
Morte | 15 de agosto de 1936 (30/31 anos) Guillarei, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Arturo Saloña Muro, nado en Areeta cara a 1905 e finado en Guillarei (Tui) o 15 de agosto de 1936, foi un sindicalista vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou ao Porriño co seu irmán Antonio a comezos de 1935, e foron xerentes do matadoiro da vila.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lavadores para defender a República e foi un dos participantes no enfrontamento cun convoi militar en Tameiga. A súa muller quedou ferida de bala e foi ingresada nun hospital de Vigo. Foi detido e asasinado na Volta da Moura o 15 de agosto de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Eva Chimeno e foi pai de Arturo Saloña Chimeno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 23-6-1935, p. 18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 123–124. ISBN 978-84-8341-157-5.