Saltar ao contido

Articulacións intermetacarpais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Articulacións intermetacarpais
articulationes intermetacarpales Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Características
Códigos e identificadores
TA 98A03.5.11.401
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata

As articulacións intermetacarpais son un conxunto de articulacións do membro superior humano, que artellan os ósos metacarpianos entre si. Unen o segundo, terceiro, cuarto e quinto metacarpianos a través de pequenas articulacións, cubertas de cartilaxe e reforzadas por ligamentos anteriores, posteriores e interóseos.

  • Os ligamentos dorsais ou posteriores e os palmares ou anteriores discorren entre os distintos metacarpianos, reforzando as superficies dorsais e palmares respectivamente.
  • Os ligamentos interóseos conectan superficies óseas entre si.

A membrana sinovial destas articulacións continúase coa propia das articulacións carpometacarpianas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.