Arthur Wynne
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xuño de 1871 Liverpool |
| Morte | 14 de xaneiro de 1945 Clearwater |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, inventor |
| Instrumento | Violín |
Arthur Wynne, nado en Liverpool en 1862 e finado en 1945, foi un editor británico e construtor de crebacabezas en Inglaterra e nos Estados Unidos. Foi o inventor do encrucillado en 1913.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mentres traballaba para o New York World pedíuselle que desenvolvese un novo xogo para o xornal. Wynne recordou un xogo da súa nenez denominado cadrados máxicos. O primeiro encrucillado foi publicado o 21 de decembro de 1913.
Nun primeiro momento denominóuselle palabra-cruz, sendo a súa estrutura en forma de diamante e sen os cadros negros característicos. Pouco tempos despois modificouse converténdose no encrucillado como o coñecemos hoxe, con cadrados negros.
No ano 1924 publicou o seu primeiro libro de encrucillados.