Arteria renal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arteria renal é a arteria que vasculariza practicamente todo o ril. A excepción serán algunhas áreas da cápsula. É un ramo colateral da aorta. A maior parte do sangue que leva vai ser limpada polo sistema renal. Unha pequena parte serve para abastecer o tecido do ril e outras estruturas do aparello urinario.

Asimetrías das arterias renais[editar | editar a fonte]

  • A arteria renal esquerda: Acostuma ser menor cá dereita e vai por detrás da vea renal. Por diante crúzaselle a arteria mesentérica inferior e por detrás ten o páncreas.
  • A arteria renal dereita: Adoita viaxar por debaixo da vea renal dereita. Relaciónase coa porción descendente do duodeno.

Ramos terminais[editar | editar a fonte]

As arterias renais penetran no ril polo bordo interno (hilo renal) e unha vez alí divídense:

  • Plexo renal anterior: Vasculariza os lóbulos anteriores e a parte anterior dos lóbulos posteriores.
  • Plexo renal posterior: Vasculariza a parte posterior dos lóbulos posteriores.

Cada plexo dará unha serie de arterias máis pequenas: arterias interlobares - arterias interlobulillares - arterias glomerulares - arterias aferentes do glomérulo - arterias eferentes do glomérulo - vasos rectos.