Saltar ao contido

Arteria cubital colateral superior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arteria cubital colateral superior
arteria collateralis ulnaris superior Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Rama anatómica de
 Ten rama anatómica
Identificadores
Freebase/m/0c85vc Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.2.09.025
CIE-111602684626 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata

A arteria cubital colateral superior é unha arteria do membro superior, de pequeno tamaño. Pode orixinarse na parte media da arteria umeral ou na parte superior da arteria umeral fonda. A arteria fura o septo intermuscular medial do brazo, xunto co nervio cubital. Descende pola parte medial do tríceps braquial, entre o epicóndilo medial e o olécrano, acompañada polo nervio cubital. Pasa por debaixo do músculo flexor ulnar do carpo e se anastomosa coa arteria cubital recorrente posterior e coa arteria cubital colateral inferior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.