Arsenio Díaz del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arsenio Díaz del Río
Nacemento19 de decembro de 1876
Lugar de nacementoFilipinas
Falecemento15 de abril de 1953
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Arsenio Víctor Díaz del Río Arias-Salgado, nado en Cative (Filipinas) o 19 de decembro de 1876 e finado en Ferrol o 15 de abril de 1953[1], foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Filipinas onde estaba destinado o seu pai, o inspector xeral do Corpo de Infantería de Mariña Víctor Díaz del Río de Castro. Tenente coronel de Infantería de Mariña. Foi propietario e director da Academia San José de preparación para o ingreso nas academias militares. Cando estala a sublevación do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Logrou fuxir a Francia. Regresou a Ferrol en 1939 e volveu traballar na academia. O 27 de setembro de 1947 foi nomeado alcalde de Ferrol. Permaneceu no posto até o 20 de marzo de 1950.


Predecesor:
Eduardo Ballester Peris
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
1947 - 1950
Sucesor:
José Manuel Alcántara Rocafort

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 16-4-1953, p. 2.