Calafrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arrepío»)

Un calafrío[1] ou arrepío[2] é unha sensación de frío que ocorre no inicio dunha febre alta.[3] A sensación ocorre durante a febre debido á liberación de citoquinas e prostaglandinas como parte da resposta inflamatoria, o que aumenta o punto de axuste de temperatura corporal no hipotálamo.[4]

O aumento do punto de axuste fai que a temperatura do corpo se eleve (pirexia), mais tamén fai que o paciente sinta frío ou calafrios até que o novo punto de axuste sexa atinxido. Os tremores tamén ocorren xuntamente con calafrios, porque o corpo do paciente produce calor durante a contracción muscular nunha tentativa fisiolóxica de aumentar a temperatura do corpo até o novo punto de axuste.[5]

Doenzas[editar | editar a fonte]

Algunhas doenzas como a pneumonía produce só un arrepío con tremor mentres a malaria produce arrepios intermitentes con febre alta recorrente.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calafrío.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arrepío.
  3. "O inicio da febre é sinalizado polos 'calafríos'(...)", Sabyasachi Sircar (2008). Principles of Medical Physiology. Thieme. p. 701. ISBN 978-1-58890-572-7.
  4. Ronald Eccles; Olaf Weber (2009). Common Cold. Springer Science & Business Media. p. 36. ISBN 978-3-7643-9912-2.
  5. A. Roberto Frisancho (1993). Human Adaptation and Accommodation. University of Michigan Press. pp. 48–. ISBN 0-472-09511-0.
  6. Lippincott Williams & Wilkins (2004). Rapid Assessment: A Flowchart Guide to Evaluating Signs and Symptoms. Lippincott Williams & Wilkins. p. 88. ISBN 978-1-58255-272-9.