Arquivo da Real Chancillería de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°10′38″N 3°35′44″O / 37.17722, -3.59556

Palacio da Chancillería.

O Arquivo da Real Chancillería de Granada é un arquivo onde se conservan os fondos documentais da Real Chancillería de Granada. Primeiro estivo nos baixos do Palacio da Chancillería, un lugar pouco axeitado que por un desbordamento do río Darro propiciou a perda un número importante de atados. Ademais durante a Guerra Civil española unha parte dos seus fondos destruíronse para fabricar pasta de papel. En 1963 o arquivo trasladouse á Casa do Padre Suárez, os fondos están nun edificio construído para tal fin no antigo xardín. Son 31.300 atados agrupados en dez seccións ademais de 6.834 libros. Tamén dispón dunha biblioteca especializada e un cadro de persoal de 14 persoas, o número de prazas para investigadores do arquivo é de 40. Ademais dos fondos da Chancillería tamén conserva outros fondos procedentes de xulgados.