Arnette Hallman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arnette Hallman
Académica de Coimbra  – No. 8
Información persoal
Nacemento 6 de xaneiro de 1988 (36 anos)
Lisboa, Portugal
Nacionalidade España
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 97 kg (214 lb)
Posición Aleiro
Liga LPB
Información da carreira
Canteira Breogán Lugo
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Portugal SL Benfica (2006-2008)
Portugal Belenenses Hyundai (2008-2009)
Galicia Estudiantes (2009)
Galicia Leite Río Breogán (2009-2011)
Premios e galardóns
1× Proliga Jogador Bosman do Ano (2008)

Arnette Lamar Hallman Scharfhausen, nado o 6 de xaneiro de 1988 en Lisboa, Portugal, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Académica de Coimbra da Liga Portuguesa de Baloncesto. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de aleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai estadounidense e nai española, Hallman naceu na cidade portuguesa de Lisboa, onde comezou a xogar ao baloncesto no colexio de Alges. Cómpre destacar que o seu pai tamén foi xogador de baloncesto da universidade de Purdue na NCAA, chegando a ser elixido no draft da NBA na posición oitenta polos Boston Celtics. Hallman despois do colexio ingresa no Sport Lisboa Benfica Lisboeta, onde xoga na liga UZO e Proliga. En 2007, mentres xogaba no Benfica, asina polas categorías inferiores do Breogán, xogando posteriormente cedido no Belenenses Hyundai Lusitor da UZO. Hallman, por mor da súa nacionalidade española, foi nomeado en 2008 "Xogador Bosman do Ano" da Proliga portuguesa.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]