Arias Menendiz
Arias Menendiz | |
---|---|
Falecemento | post. 924 |
Pai | Hermenexildo Gotérrez |
Nai | Hermesinda Gatoniz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arias Menendiz, falecido despois de 924[1], foi un nobre galego, fillo de Hermenexildo Gotérrez e de Hermesinda Gatoniz.[2]
Apoiou a causa do rei Afonso III e como recompensa pola súa lealdade, en 911 foi nomeado conde de Eminio, antiga cidade romana construída onde hoxe está a cidade de Coímbra que foi repoboada polo seu pai. Anos máis tarde, foi nomeado, xunto co seu irmán Guterre Menendiz, conde de Caldelas e tamén de Leça.[2]
Co seu irmán, Guterre, levou monxes para restaurar o mosteiro de Samos, en Galicia e, a partir deste momento, iniciou un período de próspera relación entre a familia condal e o cenobio.[2]
Familia[editar | editar a fonte]
Casou con Ermesinda Gundesíndiz, filla de Gundesindo Ériz, fillo de Ero Fernández; con quen tivo a:
- Elvira Arias (morta despois de 962), casada con Munio Guterrez, o seu primo, fillo de Guterre Méndez e Ilduara Ériz.
- Inderquina Arias.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo, notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania. OCLC 2594708.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Junta de Castilla y León, Consejería de educación y cultura. ISBN 84-7846-781-5.