Pión de altura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Argentina sphyraena»)
Pión de altura
Área de distribución

O pión de altura[1] (Argentina sphyraena, Linnaeus 1758) é un peixe mariño da familia Argentínidos (Argentinidae), da orde Osmeriformes.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Corpo alongado, cos ollos grandes, boca pequena, que non alcanza a marxe anterior do ollo. Escamas grandes e cicloides.

A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm aínda que o talle usual rolda os 20 cm de lonxitude. A cor do lombo é verde clara a verde oliva, cunha banda prateada brillante; o ventre prateado.

Dúas aletas dorsais: a primeira curta e alta e situada no centro do corpo, ó nivel das aletas pélvicas, con 10-12 radios brandos, e a segunda pequeneira e adiposa. A aleta anal con 12-13 radios, o último dobre.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúese entre os 70º Norte e os 25º Norte, pola costa europea do océano Atlántico e metade occidental do mar Mediterráneo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]