Pión de altura
O pión de altura[1] (Argentina sphyraena, Linnaeus 1758) é un peixe mariño da familia Argentínidos (Argentinidae), da orde Osmeriformes.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Corpo alongado, cos ollos grandes, boca pequena, que non alcanza a marxe anterior do ollo. Escamas grandes e cicloides.
A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm aínda que o talle usual rolda os 20 cm de lonxitude. A cor do lombo é verde clara a verde oliva, cunha banda prateada brillante; o ventre prateado.
Dúas aletas dorsais: a primeira curta e alta e situada no centro do corpo, ó nivel das aletas pélvicas, con 10-12 radios brandos, e a segunda pequeneira e adiposa. A aleta anal con 12-13 radios, o último dobre.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúese entre os 70º Norte e os 25º Norte, pola costa europea do océano Atlántico e metade occidental do mar Mediterráneo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pión de altura |