Argelio Fernández Queipo
Argelio Fernández Queipo | |
---|---|
Nome completo | Argelio Fernández Queipo |
Nacemento | 22 de febreiro de 1958 |
Lugar de nacemento | Outonais |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Argelio Fernández Queipo, nado en Outonais (parroquia da Trapa) o 22 de febreiro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende 1991 traballa no servizo de conservación de estradas de Asturias. Nas eleccións municipais de 2007 foi o número dous da candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Fonsagrada pero trala dimisión do candidato Ricardo Parada Mariña foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. No 2015 volveu encabezar a lista socialista e revalidou o seu mandato gañando por maioría, acadando o PSOE 8 concelleiros dos once totais. Nesa mesma lexislatura foi elixido tamén Deputado Provincial pola Fonsagrada, chegando a ser vicepresidente desta mesma institución durante este período.
Nas eleccións municipais de 2019 foi substituído na alcaldía polo número dous da lista do PSdeG-PSOE, Carlos López López, debido ó veto do BNG e do que precisaba o apoio para a investidura.[1]
Predecesor: Ricardo Parada Mariña |
![]() Alcalde da Fonsagrada 2007 - 2019 |
Sucesor: Carlos López López |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Noticia en El Progreso
- Entrevista en El Progreso