Arcangelo Scacchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArcangelo Scacchi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1810 Editar o valor em Wikidata
Gravina in Puglia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1893 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Senador do Reino de Italia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1893) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineraloxista , profesor universitario , xeólogo , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Arcangelo Scacchi, nado en Gravina di Puglia o 10 de febreiro de 1810 e finado o 11 de outubro de 1893 en Nápoles,[1] foi un xeólogo, mineraloxista e vulcanólogo italiano.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e carreira[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos frecuentando os seminarios de Bari e de Gravina: o 1 de outubro de 1827 iniciou en Nápoles os estudos de medicina, que terminou, obtendo a licenciatura en 1831. Pouco despois da licenciatura dedicouse a outros intereses e aplicouse ás ciencias naturais. Foi alumno de Matteo Tondi e de Teodoro Monticelli, secretario perpetuo da Real Academia das Ciencias de Nápoles, que lle mostrou especial benevolencia, poñendo a súa disposición a súa propia colección de minerais e de fósiles. En setembro de 1841 foi nomeado axudante para a demostración dos obxectos na cátedra de mineraloxía da Universidade Rexia de Nápoles e o 1 de agosto de 1844 foi nomeado profesor de mineraloxía e director do Museo de mineraloxía de Nápoles, cargo que desempeñou ata 1891, cando foi nomeado profesor emérito.[3]

En 1861 foi nomeado senador vitalicio do Reino de Italia.[1]

Foi reitor da Universidade de Nápoles de 1865 a 1867 e de 1875 a 1877.[3]

En 1875 foi socio nacional da Accademia dei Lincei.[3]

Finou en Nápoles o 11 de outubro de 1893.[3]

Estudos e investigacións[editar | editar a fonte]

Os primeiros traballos de Scacchi foron sobre conquioloxía coa redacción do Catalogus Conchyliorum Regni neapolitani[4] (Catálogo das cunchas do Reino napolitano) de 1836, e de Notizie geologiche sulle conchiglie che si trovan fossili nell’isola d’Ischia e lungo la spiaggia tra Pozzuoli e Monte Nuovo (Noticias sobre as cunchas que se atopan na illa de Ischia e ao longo da praia entre Pozzuoli e Monte Nuovo) de 1841.[5]

Seguidamente, ocupouse case exclusivamente en investigacións no campo da cristalografía, da mineraloxía e da vulcanoloxía, con particular referencia á descrición da morfoloxía e da xénese dos minerais presentes no Vesuvio.[6]

No campo da cristalografía foi o descubridor da clase pedial e da poliedría das caras.

Foi o descubridor dalgunhas novas rochas e minerais, como a scacchita[7] ou a nocerita.[8] Durante os seus estudos sobre cunchas describiu algunhas especies de moluscos.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

O catálogo completo das obras de Scacchi foi compilado en 1891 polo mesmo autor. Está reproducido na necrolóxica publicada en 1894 en Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha no Senado de Italia Arquivado 25 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.(en italiano)
  2. Entrada "Scacchi, Arcangelo" na Enciclopedia Treccani(en italiano)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Arcangelo Scacchi en Dizionario biografico degli italiani, Istituto dell'Enciclopedia Italiana. (en italiano)
  4. Recensión do libro Catalogus Conchylorum...
  5. L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani. Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano.
  6. Obras de Scacchi en Google Books
  7. Scacchite en Mindat (Scacchi (1855) Mem. Incend. Vesuv.: 181 (as protochloruro di Manganese).; (1869) Tableau minéralogique, Paris: 70)
  8. Cesare Brisi, Wilhelm Eitel: Nocerite (= Fluoborite) En: American Mineralogist Band 42 (1957), S. 921 (PDF 191,7 kB)
  9. Massimo Cretella, Cinzia Crovato, Paolo Crovato, Giuseppe Fasulo & Francesco Toscano L’opera malacologica di Arcangelo Scacchi (1810-1893). Parte II: rassegna critica dei taxa scacchiani.
  10. Necrologio con fotografías e catálogo das obras, do Giornale di mineralogia, cristallografia e petrografia, Ulrico Hoepli editore, Vol. V, 1894 (pp. 1-22, on line en Internet Archive) (en italiano)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]