Arcadio Ríos Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de setembro de 2021 ás 11:25 por Xas (conversa | contribucións) (data)
Infotaula de personaArcadio Ríos Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Hevia, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Casaio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCésar Ríos Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Arcadio Ríos Rodríguez, nado en Hevia (Siero) en 1911 e finado en Casaio o 27 de xullo de 1946, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

Traballou como mineiro no pozo de Pumarabule e foi membro do Sindicato de Obreros Mineros de Asturias (SOMA-UGT). Militante do PCE. Ao caer Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte co seu irmán César. O seu pai estivo preso e ao ser posto en liberdade marchou a Francia, onde foi detido e internado nun campo de concentración alemán, onde faleceu; os seus irmáns Manuel e Silvino foron fusilados en Asturias. En abril de 1942 participou na constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia nos montes de Ferradillo (Ponferrada). Partidario da unidade, foi nomeado xefe de guerrilla na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Morreu a mans da garda civil o 26 de xullo de 1946 durante a celebración do Congreso de Reunificación de Casaio con Francisco Elvira Cuadrado.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 1116–117. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas