Arca ameghinorum
Arca ameghinorum Rango fósil: Cretáceo-Paleóxeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Molde interno da especie Arca ameghinorum da Formación Roca, Río Negro, Arxentina | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Arca ameghinorum' (Ihering ) |
Arca ameghinorum é unha especie extinta de bivalvos presente no Cretáceo e Paleóxeno da Formación Roca, na Patagonia Arxentina. Atopáronse moldes internos desta especie mal conservados na canteira de Cholino, General Roca.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Arca é un xénero de moluscos bivalvos da familia Arcidae, a cal se caracteriza por ter unha charnela longa composta por moitos dentes. A cuncha varía de tamaño pequeno a grande e está cuberta por un perióstraco fibroso e con veludo, xeralmente de cor escura. Algunhas especies péganse ao substrato por medio do biso, o cal sae a través dunha fenda na marxe ventral.[2]
Outros datos
[editar | editar a fonte]A maioría das especies nomeadas por Rudolf von Ihering (1903, 1907) como neste caso, definíronse en moldes internos ou por mostras articuladas, polo que non é posible facer revisións a nivel xenérico, pero o material recoñécese facilmente no nivel de especie.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DEL RÍO, C. J., CONCHEYRO, A. & MARTÍNEZ, S. A. (2011): The Maastrichtian – Danian at General Roca (Patagonia, Argentina): a reappraisal of the chronostratigraphy and biostratigraphy of a type locality. – N. Jb. Geol. Paläont. Abh., 259: 145; Stuttgart
- ↑ Cruz, R.A. 1985.Revisión taxonómica sobre la familia Arcidae. Uniciencia. vol:2. nª1. Escuela de Ciencias Biológicas, Universidad Nacional de Heredia, Costa Rica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arca ameghinorum |