Saltar ao contido

Aquerusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquerusia (grego: Ἀχερουσία λίμνη ou Ἀχερουσίς) foi o nome dado a varios lagos e lagoas da Grecia antiga, vinculados, como o río Aqueronte, ao mundo inferior ou Hades, ata tal punto que o nome de Aquarusia ficou ligado ao mundo dos mortos.

O lago de Aquerusia en Tesprocia ou Tersprotia, en Epiro, era o máis importante, e preto del corría o río Aqueronte. Outros lagos estaban en Hermione en Argólida, en Heraclea en Bitinia, entre Cumas e Miseno en Campania, e, segundo Plinio o Vello, en Menfis en Exipto[1].

Na mitoloxía grega, Aquerusia era o nome da cova pola que Heracles sacou ao can Cerbero do Hades, nun dos seus doce traballos.

  1. "Acherusia palus". Dictionary of Greek and Roman Geography (1854).