Apenas el Sol
| Apenas el Sol | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Apenas el Sol é un filme documental de 2020 producido entre Paraguai e Suíza e dirixido por Arami Ullón. O filme, rodado en lingua ayoreo e castelán, foi escollido como candidato de Paraguai para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
O filme conta a historia de Mateo Sobode Chiqueno, un indíxena do pobo ayoreo de Paraguai que leva máis de 40 anos coleccionando voces ayoreo mediante unha rudimentaria gravadora: historias, entrevistas, cancións e rituais.[2][3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mateo Sobode Chiqueno conta a historia do pobo ayoreo, que foi desarraigado e realoxado en asentamentos de terras áridas. Tamén relata como as súas terras foron tomadas con violencia e foron obrigados a converterse ao cristianismo. Como consecuencia disto, el ve a súa cultura desaparecer e por iso fixo que o seu traballo vital capturase e documentase a lingua, as tradicións, as historias, a relixión e o modo de vida ayoreo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Apenas el sol" representará a Paraguay en los premios Óscar". La Nacion. 22 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "Documentary". APENAS EL SOL.
- ↑ Hunter, Allan (18 de novembro de 2020). "'Nothing But The Sun': IDFA Review (Opening Film)". Screen Daily.
- ↑ "Nothing but the Sun". www.idfa.nl.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Paraguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Apenas el Sol na IMDb (en inglés).