Ángel Carro Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anxo Carro Crespo»)
Infotaula de personaÁngel Carro Crespo
Biografía
Morte21 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ángel Carro Crespo[1] (tamén citado polo antropónimo galeguizado Anxo), finado en Lugo o 21 de outubro de 1956, foi un empresario galego e valedor do deporte en Lugo durante o franquismo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Cámara de Comercio da cidade de Lugo[3] así como do Círculo das Artes (neste último caso entre os anos 1934 e 1940)[4].

En 1936, en calidade de Presidente da Cámara de Comercio luguesa, enviou á Comandancia Militar 120 paquetes de cigarrillos, para a súa distribución entre as forzas de orde (Exército e Garda Civil) que o 23 de xullo de 1936 comezaron as detencións de destacados persoeiros locais.[5]

Nas primeiras eleccións municipais celebradas tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi un dos cinco concelleiros pola circunscrición de Lugo,[6] concello do que foi primeiro tenente-alcalde. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Lugo.

Deporte[editar | editar a fonte]

Vista do estadio Anxo Carro.

Foi presidente da Ximnástica Lucense na década de 1940, até 1947, ano no que dimitiu.

Tanto o vello (que fora unha doazón de Carro Crespo á Ximástica Lucense[7]) coma o novo (inaugurado en 1974) estadio Anxo Carro onde disputa os seus partidos o Club Deportivo Lugo está nomeado na súa honra[8].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado comendador da Orde do Mérito Civil en 1956.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses, reportaxe en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 (en castelán).
  2. El Pueblo Gallego, 23-10-1956, p. 11.
  3. Información na páxina 8 do diario ABC (edición de Andalucía) o martes 2 de outubro de 1956. (en castelán)
  4. Presidentes do Círculo das Artes Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine., páx. 9.
  5. El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Progreso o 22 de xullo de 2006. (en castelán)
  6. Las primeras elecciones municipales del franquismo Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  7. Lugo se queda con un solo campo de fútbol, publicado en El Mundo Deportivo o venres 26 de agosto de 1977. (en castelán)
  8. Estadios de fútbol con nombres franquistas Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  9. [http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1956/10/02/008.html ABC, 2-10-1956, p. 8.