Antonio Vázquez Palacios
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | A Guarda
|
| Actividade | |
| Ocupación | farmacéutico, xornalista |
Antonio Vázquez Palacios, nado na Guarda, foi un farmacéutico e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do farmacéutico Benito Vázquez Vázquez e Amelia Palacios, irmá de Antonio Palacios. Marchou a Montevideo e foi redactor de Terra. Retornado a Galicia en 1924,[1] estudou farmacia. Abriu unha farmacia en Oia en 1934.[2] Coa morte do pai en 1943, fíxose cargo da súa farmacia na Guarda. Foi Inspector Farmacéutico da Guarda.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1935.[3]