Antonio Rodríguez Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1965 (58 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio Rodríguez Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 7 de decembro de 1965, é un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo un mestrado en dereito de Internet internacional. Traballa profesionalmente nun despacho de avogados de Santiago de Compostela.
Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura de Cidadáns ao concello de Ames, aínda que non foi elixido concelleiro (ía de número 6 e a súa formación obtivo 1 representante). Nas eleccións xerais de 2015 logrou a acta de deputado pola provincia da Coruña mais logo de o seu partido destituílo [1] como cabeza de lista para as eleccións do 26 de xuño de 2016 foi un dos promotores da formación dunha nova forza política, Vía Centrum Partido Demócrata.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e vive na Aldea Nova (Ames).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ex-militantes de C's constitúen Vía Centrum Partido Demócrata Arquivado 02 de outubro de 2016 en Wayback Machine. TVG, 9 de agosto de 2016
- ↑ Nace Vía Centrum, un novo partido de centro, Galicia Confidencial, 10 de agosto de 2016
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antonio Rodríguez Vázquez: «Me sitúo más hacia la izquierda; hacia la derecha, poco o nada». Entrevista en La Voz de Galicia
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.