Antonio Pereiro Gil
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Pereiro.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de agosto de 1896 Noceda |
| Morte | 1968 Provincia de Córdoba |
| 5 de xuño de 1931 – 17 de agosto de 1932 – Emilio Alonso Paz → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Perfecto Pereiro Castro |
Perfecto Antonio Pereiro Gil, nado en Noceda (Lalín) o 19 de agosto de 1896 e finado na provincia de Córdoba (Arxentina) en 1968, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da Segunda República Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo máis vello do empresario Perfecto Pereiro Castro, foi elixido alcalde o 5 de xuño de 1931 e permaneceu no cargo até o 17 de agosto de 1932.[1] Posteriormente emigrou á Arxentina. Alí casou con Emma Eguía, coa que tivo unha filla, Ana. Regresou a Silleda por unha tempada, volvendo de novo á Arxentina onde faleceu en 1968.
| Predecesor: Antonio Rodríguez González |
Alcalde de Silleda 1931 - 1932 |
Sucesor: Emilio Alonso Paz |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereiro Lázara, Perfecto (2016). Pereiro de Silleda: Vida y obra de un empresario dezano (1871-1947). Fervenza.