Emilio Alonso Paz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1878 Cartimil |
| Morte | 16 de marzo de 1937 Monte Porreiro |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| 1936 – 1936 (destitución) ← Antonio Trabazo Lorenzo – Manuel García Cerviño → | |
| 1932 – 1934 (dimisión) ← Antonio Pereiro Gil – Segundo Arceo Díaz → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Parentes | Antón Alonso Ríos, curmán entregue |

Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Curmán de Antón Alonso Ríos, foi un dirixente agrarista. Concelleiro de Silleda en 1931, foi elixido alcalde en 1932 e dimitiu en 1934. Militante de Izquierda Republicana, en 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A finais da década de 1990 a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas da vila de Silleda. En 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2012.
| Predecesor: Antonio Pereiro Gil |
Alcalde de Silleda 1932 - 1934 |
Sucesor: Segundo Arceo Díaz |
| Predecesor: Antonio Trabazo Lorenzo |
Alcalde de Silleda 1936 |
Sucesor: Manuel García Cerviño |