Antonio Mouriño Barbeito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1907 Provincia da Coruña, España |
Morte | 5 de novembro de 1991 (84 anos) Ponteareas, España |
Alcalde de Arzúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Antonio Mouriño Barbeito, nado na provincia da Coruña o 8 de marzo de 1907[1] e finado en Ponteareas o 5 de novembro de 1991, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Mestre de Boente. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Arzúa e síndico na comisión xestora presidida por Jesús Souto Vilas. Foi nomeado alcalde de Arzúa en 1945. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil en marzo de 1945 por irregularidades no abastecemento xunto co primeiro tenente-alcalde Antonio Carril Vega, o secretario Antonio Callón Loureiro, o oficial José Varela Lamas e o axente receptor de cotas José Valiño Raposo.[2] En 1966 trasladouse a escola de Lugo.[3] Finou en Ponteareas o 5 de novembro de 1991.[4]
Predecesor: Manuel Fernández Rúa |
Alcalde de Arzúa 1945 |
Sucesor: Rodríguez Paredes |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de María de la Asunción, Matilde, Manuel, Lourdes e Pilar Mouriño Iglesias.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2007). "Unha nova ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa" (PDF). Semata 19: 221–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2014.