Antonio Palmeiro Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio María Palmeiro Pérez»)
Infotaula de personaAntonio Palmeiro Pérez
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Mosteiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Antonio María Palmeiro Pérez, nado en Mosteiro (Pol) o 26 de novembro de 1884 e finado o 25 de xullo de 1936[1], foi un mestre e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ideas socialistas, fundou en Mosteiro a Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos, afiliada á UGT. Foi correspondente de La Voz de la Verdad e escribiu o folleto pedagóxico Didáctica modernista (1926). Mestre de Luaces, foi paseado.[1] O seu fillo José Palmeiro Valcarce, tamén mestre, que estaba facendo o servizo militar cando estalou a guerra, ao saber da morte do pai, desertou e volveu cun permiso, e tamén foi asasinado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Antonio Palmeiro". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2018-07-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]