Antonio Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Magariños
Nacemento4 de febreiro de 1907
 Madrid
Falecemento4 de abril de 1966
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónacadémico, profesor e latinista
PremiosGrande Cruz de Afonso X o Sabio
editar datos en Wikidata ]

Antonio Magariños García, nado en Madrid o 4 de febreiro de 1907 e finado o 4 de abril de 1966, foi un profesor español. É coñecido por ser o fundador e primeiro presidente do CB Estudiantes de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid o 4 de febreiro de 1907. Foi o segundo dos tres fillos de Manuel Magariños Mera (madrileño fillo de emigrantes galegos) e de Ignacia García del Pozo.

Formouse na Universidade de Madrid antes da Guerra Civil e traballou no Instituto de Granada. Foi profesor de idiomas clásicos nas universidades de Madrid e Salamanca, onde obtivo a cátedra de lingua latina, sendo o número 1. Isto permitiulle ser profesor de latín no Instituto-Escola de Madrid.

Despois da guerra, decidiu dedicarse totalmente á educación secundaria e foi profesor de latín e xefe de estudos no Instituto Ramiro de Maeztu. Foi o fundador e primeiro presidente do Club de Baloncesto Estudiantes.[1] O Polideportivo Antonio Magariños, un pavillón que rende homenaxe ao profesor Magariños, foi fundado en 1966 e foi campo oficial do Estudiantes de 1971 a 1988 e do Atlético de Madrid de balonmán.[2] Dedicou gran parte da súa vida ao Instituto Ramiro de Maeztu, onde ademais de profesor de latín, foi xefe de Estudos, director accidental, director dos Internados, creador e primeiro director do Bacharelato Nocturno e profesor do Bacharelato Radiofónico.[3]

Morreu de insuficiencia cardíaca o 4 de abril de 1966.[1]

O seu ensino centrado no ensino da lingua latina, deixou unha ampla pegada en moitas xeracións que o recordan hoxe. No 50 aniversario da súa morte, celebrouse unha homenaxe á súa figura.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "50 años sin don Antonio Magariños" (en castelán). 4 de abril de 2016. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  2. Tello, Martín (27 de marzo de 2007). "Estudiantes crea un premio en honor de su fundador". As (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  3. "Antonio Magariños García por Juan Manuel Magariños Ramón". 

Obra[editar | editar a fonte]

  • Desarrollo de la idea de Roma, 1952. CSIC. Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]