Antonio González Basanta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 (105/106 anos) Miño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , guerreiro |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio González Basanta, nado en Miño cara 1918, foi un político e guerrilleiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mariñeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira "La Golondrina" xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (sustración da motora Golondrina),[1] e foi declarado fuxido e en rebeldía. Refuxiado en Francia despois da guerra, no outono de 1944 participou coa X Brigada Guerrillera en penetracións na provincia de Huesca, como parte da Operación Reconquista de España. Feito prisioneiro polo exército franquista, foi internado na prisión de Lleida. Foi trasladado con outros 86 guerrilleiros á prisión de Torrero (Zaragoza) o 30 de decembro de 1944, en espera de xuízo. O consello de guerra tivo lugar en Zaragoza o 27 de xuño de 1945, nel xulgouse a varios membros da Brigada (entre eles A. Asenjo Terreros, J. Piquer Montaña, J. Cruz Carmona Sola, Flor Alcalde, E. Castellón, Castellón e F. Crespo Torres). Antonio González Basanta foi condenado a 12 anos e un día de prisión.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antonio González Basanta na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)