Antonio Fuentes Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | marzo de 1914 Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , médico |
Antonio Fuentes Fernández, finado en Ourense a principios de marzo de 1914[1], foi un médico e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun militar da primeira guerra carlista. Tiña consulta en Ourense dende 1872. Foi médico do cabido de Ourense entre 1880 e 1914. Segundo Otero Pedrayo foi presidente da Academia de Medicina en Ourense en 1883 e presidente do Colexio Médico-Farmacéutico de Ourense en 1887. Foi concelleiro de Ourense (1889-1893)[2] e volveu ser concelleiro até 1899, cando renunciou ao ser nomeado médico titular[3]. Colaborou en El Eco de Orense asinando co pseudónimo Wanderer as súas crónicas de supostas viaxes, e fíxose cargo da súa dirección en 1908[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noroeste, 7-3-1914, p. 1.
- ↑ El Regional, 27-10-1893, p. 2.
- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 15-12-1899, p. 1.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 20-7-1908, p. 3