Antonio Fernández Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Feliciano Fernández Rocha, nado en Brasil en 1953, é un político galego do PPdeG que foi alcalde do concello de Tui[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contratista rural e despois promotor inmobiliario. Concelleiro do PPdeG en Tui dende 1991, chegou á alcaldía en 1998, a través dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG, Miguel Ángel Capón Rey[2]. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como independente nas filas do CPT, pero o PPdeG readmitiuno nas súas filas e expulsou a Capón. Nas municipais de 2003 foi elixido alcalde con maioría absoluta, e nas de 2007 acadou 7 dos 17 concelleiros, polo que necesitou o apoio do TUI (Tudenses Unidos Independentes) para ser elixido alcalde.

En marzo de 2010 foi xulgado por unha agresión a un veciño da localidade, que lle recriminara pola súa política urbanística[3].


Predecesor:
Miguel Ángel Capón Rey
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1998 - 2011
Sucesor:
Moisés Rodríguez Pérez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]