Antonio Elizondo Cocolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizondo
Información persoal
Nome Antonio Elizondo Cocolina
Nacemento 2 de setembro de 1936 (87 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1955-1957 Real Madrid CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957-1960 Racing de Santander 42 (8)
1960-1961 AD Plus Ultra 22 (4)
1961-1962 Celta de Vigo 28 (15)
1965-1968 CE Europa 65 (20)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Elizondo Cocolina, nado en Madrid o 2 de setembro de 1936, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutou na Segunda División no Racing de Santander, equipo no que militou tres tempadas. En 1960 volveu a Madrid para xogar no AD Plus Ultra, porén ao ano seguinte fichou polo Celta de Vigo, ao igual que o seu compañeiro de equipo Tellez. No equipo galego destapouse como un gran goleador sendo o máximo anotador do equipo, con 15 goles entre liga e copa. A pesar da súa boa actuación e sen que trascendera as razóns deixou o equipo despois desta primeira tempada, volvendo a xogar en Segunda División algún anos despois no CE Europa.