Antonio Cerrotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Cerrotti
Información persoal
Nome Antonio Cerrotta
Nacido 14 de xullo de 1901
Lugar Buenos Aires
Falecido 27 de xullo de 1979
Lugar Buenos Aires
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Canteira Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Boca Juniors
Club El Porvenir
Barracas Juniors
Selección nacional
Selección de fútbol da Arxentina 3
Partidos e goles só en liga doméstica.

Antonio Cerrotti, nado en Buenos Aires o 14 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1979, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión carboeiro, de onde saíu o seu alcume Carburín, formouse na canteira de Boca Juniors co que pronto debutaría no primeiro equipo e no que xogaría a maior parte da súa carreira. Unha vez abandonou o Club Xeneize continuou a súa carreira en El Porvenir e en Barracas Juniors.

Integrou o equipo de Boca Juniors, que realizou a xira europea de 1925, sendo o primeiro xogador arxentino en marcar un gol en Europa. Foi de cabeza no primeiro encontro da xira, o 5 de marzo ante o Celta de Vigo en Balaídos.

Coa selección de fútbol da Arxentina disputou 3 encontros, debutando o 9 de decembro ante Brasil.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa de Honor Cusenier Boca Juniors Arxentina 1920
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1923
Copa Ibarguren Boca Juniors Arxentina 1923
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1924
Copa Ibarguren Boca Juniors Arxentina 1924
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1926
Copa Estímulo Boca Juniors Arxentina 1926

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]