Antón Carracedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1955 (69 anos) Laxe, España |
Alcalde de Laxe | |
1999 – 2015 ← Antonio Castro – José Manuel Mouzo → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Laxe |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Antonio Carracedo Sacedón, coñecido como Antón Carracedo, nado en Laxe o 29 de xaneiro de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE, que foi alcalde de Laxe a principios do século XXI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director do ISM en Laxe. Comezou a súa carreira política en Esquerda Galega encabezando a candidatura en Laxe en 1983 e logrando 1 concelleiro. En 1987 e 1991, xa como PSG-EG logrou 3 concelleiros e foi a segunda forza política. En 1995 integrouse con todo o seu equipo no PSdeG-PSOE, formación que encabezou e coa que logrou 5 concelleiros, quedándose a 1 de lograla maioría fronte ao PPdeG. En 1999 foi elixido alcalde de Laxe con maioría absoluta tras un empate inicial a votos co Partido Popular, pero finalmente terminou superándoo en votos trala anulación de 5 votos da emigración ó PPdeG, tras diversas irregularidades no voto emigrante ás que se lle sumou a aparición de dous sobres na papeleira.[1] Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas municipais de 2007 tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía como cabeza da lista máis votada. Ao remate desa lexislatura deixou a primeira liña política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia Carballo, 21-7-1999 p.36
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Antonio Castro Lema |
Alcalde de Laxe 1999 - 2015 |
Sucesor: José Manuel Mouzo |