Antonio Caneda Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Caneda Rodríguez
Nacemento4 de maio de 1906
Lugar de nacementoMedos
Falecemento29 de agosto de 1937
Lugar de falecementoSan Cosmede de Cusanca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
IrmánsPedro Caneda Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Antonio Caneda Rodríguez, nado en Medos (San Xoán de Río) o 4 de maio de 1906 e finado en San Cosmede de Cusanca (O Irixo) o 29 de agosto de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistiu as escolas da Fundación Eumenio Ancoechea na Pobra de Trives. Estudou Maxisterio en Ourense e incorporouse á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Foi mestre na escola de Medos entre 1934 e 1936. Trasladou a escola de Medos á casa reitoral. Militante do Partido Radical-Socialista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e trasladado a Ourense. Foi cesado como mestre en agosto.[1][2] Foi obrigado a traballar na limpeza das rúas de Ourense. Foi trasladado preso a Castro Caldelas, de onde o sacaron para asasinalo nas proximidades do Paraño, na parroquia de San Cosmede de Cusanca, en agosto de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 19-8-1936, p. 2.
  2. La Región, 4-9-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]