Antonio Amorín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Amorín
Nacemento1952
 Gondomar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Amorín Martínez, nado en Vilaza (Gondomar), en 1952, é un político galego. Foi o primeiro e único cargo elixido en Galicia nas listas da formación UPyD.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a vivir a Baiona, onde desenvolveu a súa carreira política. Nas locais de 1987 presentouse nas listas do Partido Popular ao concello de Baiona, e saíu elixido concelleiro. Integrou o grupo de goberno liderado polo 'popular' Manuel Vilar Márquez e mantívose no goberno durante dúas lexislaturas máis como concelleiro de Vías e Obras e mais de Seguridade, ata que en 1999, uns meses antes das eleccións, deixou o seu posto. Nas municipais de 2011 presentouse encabezando a lista de UPyD, e obtivo unha acta de concelleiro. Foi o primeiro concelleiro, e o primeiro cargo político dese partido elixido en Galicia.

Uns meses despois abandonou este partido e permaneceu na corporación como independente[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]