Antoine Gombaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antoine Gombaud
Nacemento1607
 Poitou
Falecemento29 de decembro de 1684
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónescritor, matemático e ensaísta
editar datos en Wikidata ]

Antoine Gombaud, máis coñecido como Chevalier de Méré, nado en Poitou en 1607 e finado o 29 de decembro de 1684, foi un escritor francés.[1] Aínda que non era nobre, adoptou o título de Chevalier (Cabaleiro) polo personaxe nos seus diálogos que representaba os seus propios puntos de vista (Chevalier de Méré porque se educara en Méré). Máis tarde, as súas amizades comezaron a chamalo por este nome.[2]

Méré foi un importante teórico de salón. Ao igual que moitos pensadores liberais do século XVII, desconfiaba tanto do poder hereditario como da democracia. Cría que estas cuestións se resolvían mellor en discusións abertas entre persoas intelixentes e enxeñosas.

Os ensaios máis famosos de Méré son L'honnête homme (O home honesto) e Discours de la vraie honnêteté (Discurso sobre a verdadeira honestidade),[1] pero el é moito máis coñecido pola súa contribución á teoría da probabilidade. Era un matemático amateur que se interesou nun problema que databa da Idade Media: o problema dos puntos ou da división de apostas. Un exemplo deste é o seguinte: supoñamos que dous xogadores acordan xogar un certo número de partidas, poñamos ao mellor de sete, e son interropidos antes de que acaben. Como deberían repartir a aposta feita entre eles se un gañou tres partidas e o outro gañou unha?[3]

En consonancia cos métodos de salón, Méré alistou ao salón de Mersenne para resolvelo. Dous famosos matemáticos, Blaise Pascal e Pierre de Fermat, aceptaron o reto. Na correspondencia entre ambos atópase a fundación da moderna teoría de probabilidades.[4]

Méré reclamou que descubrira a teoría da probabilidade el mesmo, unha reclamación que non foi tomada en serio polos matemáticos implicados. Tamén reclamou que os seus cálculos de probabilidade amosaban que as matemáticas eran inconsistentes e que os matemáticos estaban errados ao pensar que as liñas se podían dividir infinitamente.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 E. Feuillâtre (Editor), Les Épistoliers Du XVIIe Siècle. Avec des Notices biographiques, des Notices littéraires, des Notes explicatives, des Jugements, un Questionnaire sur les Lettres et des Sujets de devoirs. Librairie Larousse, 1952.
  2. Aaron Brown, The Poker Face of Wall Street, John Wiley & Sons, 2006.
  3. Tom M. Apostol, Calculus, Volume II, John Wiley & Sons, 1969.
  4. Keith Devlin, The Unfinished Game: Pascal, Fermat, and the Seventeenth-Century Letter That Made the World Modern, Basic Books, 2008; James Franklin, The Science of Conjecture: Evidence and Probability Before Pascal, Johns Hopkins University Press, 2001, 302-5.
  5. Franklin, Science of Conjecture, 303, 305.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]