Antoine Gizenga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Gizenga
Antoine Gizenga.jpg
Nacemento5 de outubro de 1925
Lugar de nacementoMushiko
Falecemento24 de febreiro de 2019
Lugar de falecementoKinshasa
NacionalidadeRepública Democrática do Congo
Ocupaciónpolítico
FillosLugi Gizenga
editar datos en Wikidata ]

Antoine Gizenga, nado en Mushiko o 5 de outubro de 1925, é o actual primeiro ministro da República Democrática do Congo e un veterano político dese país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gizenga foi primeiro ministro en 1960, e en 1961-62 baixo a presidencia do histórico líder Patrice Lumumba. Logo do asasinato deste en 1961 continuou como primeiro ministro, pero en rebeldía. O seu goberno, con sede en Stanleyville (actual Kisangani) foi recoñecido por 21 países de África, Asia, e Europa do Leste en febreiro de 1961. Estivo no cárcere entre xaneiro de 1962 e xullo de 1964 e outra vez entre outubro de 1964 e novembro de 1965. Viviu no exilio entre 1965 e 1992.

En 2006 regresou á política presentándose ás primeiras eleccións presidenciais democráticas do país á fronte do Partido Lumumbista Unificado. Neses comicios obtivo un 13,06% dos votos e a terceira posición tras Joseph Kabila e Jean-Pierre Bemba. Na segunda volta, Gizenga apoiou a Kabila, e este ao vencer nomeouno primeiro ministro (30 de decembro de 2006).

O seu primeiro goberno estivo formado por seis ministros de estado e 54 ministros e viceministros máis, entre os que se atopou Nzanga Mobutu, fillo de Mobutu Sese Seko na carteira de agricultura e nunha teórica vicepresidencia. Tamén estivo entre eles Mbusa Nyamwisi, ministro de exteriores e antigo líder rebelde, pero non Azarias Ruberwa, o líder rebelde máis importante na actualidade e cabeza da Asemblea Congolesa a prol da Democracia (RCD).