Prisión Provincial de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°19′59.18″N 7°51′57.73″O / 42.3331056, -7.8660361 A antiga prisión provincial de Ourense é un edificio construído a mediados do século XIX no número 45 da rúa do Progreso, moi próximo ó centro histórico de Ourense. Permaneceu aberta durante máis de 150 anos, mais se encontra abandonada e chea de maleza. Propúxose convertelo nun hotel balneario pero non foi aprobado por falta de investimento.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Prisión Provincial de Orense. Relación de obras lidas na "lectura en común" en 1940.

A prisión provincial de Ourense foi construída a mediados do século XIX.

Dende 1940 tivo entre as súas actividades a "lectura en común" que se realizaba en grupos de 25 reclusos e onde a asistencia obrigatoria.[2] Esta actividade incluíase dentro dunha serie (escola, coro, ximnasio, formación relixiosa…) que tiñan como fin reformar, reeducar e rexenerar os delincuentes.

Na prisión estivo recluído Suso Vaamonde, que ingresou de maneira voluntaria tras o seu exilio en Venezuela. Permaneceu ingresado durante 45 días no ano 1984 ata que foi indultado polo Consello de Ministros do Goberno.[3]

Pechou as portas en maio de 1987, coa inauguración do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. Boa parte da súa documentación histórica pasou ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Entre os máis de mil libros procedentes da prisión hai información sobre a variedade de penados, expedientes de ingreso, documentación da enfermaría, economato ou o funcionamento do réxime disciplinario.[2]

Dependencias[editar | editar a fonte]

Na primeira planta había unha barbería, un economato, un colexio, unha biblioteca e unha enfermaría. Na planta baixa acudíase ao patio interior onde tamén estaban a cociña e o comedor. Na segunda planta encontrábanse as celas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anónimo (maprensa) (20/1/2013). "Antigua Prisión Provincial de Ourense" (blog). Desde mi visor (en castelán). WordPress. Consultado o 4/5/2019. 
  2. 2,0 2,1 Francisco Sandoval Verea. "Los archivos de las instituciones penitenciarias (II)" Fronda 45, 2013 (en castelán).
  3. Mar Mato "Manuel María y Vaamonde regresan" Faro de Vigo, 14/2/2016 (en castelán).