Antesterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enócoe das Antesterias, c. -430 / -390, museo do Louvre

As Antesterias (grego Ἀνθεστήρια, Anthestếria, do grego antigo ἄνθος, anthos, flor, de aí «festa das flores») foi un festival grego ateniense, celebrado en honra de Dioniso, en Atenas. Tiñan lugar do undécimo ao décimo terceiro día do mes de Antesterión, oitavo mes do calendario ático, que corresponde no calendario gregoriano a finais de febreiro e ao principio de marzo.

Celebracións relixiosas[editar | editar a fonte]

O primeiro día chamábase en grego Πιθοιγία, Pithoigía, é dicir «apertura de xerras». Os atenienses visitaban o santuario de Dioniso «nos pantanos» para abrir as xerras que contiña o viño novo, froito de vendimas precedentes.

O segundo día chamábase en grego Χόες, Khóes, é dicir «a festa das xerras». Servíanse xerras de viño novo e organizábase un concurso de bebida. O santuario de Dioniso Limnais (dos pantanos) nas marismas estaba entón aberto, sendo a única vez ao ano: tiña lugar alí unha hierogamia (unión sacra) da muller do arconte rei e de Dionisos.

O terceiro día chamábase en grego Χύτροι Khýtroi, é dicir «festa das marmitas». Estaba consagrada ao culto dos mortos. Hermes Ctonio recibía ofrendas de gran.

Concurso[editar | editar a fonte]

Nas Antesterias tiña lugar un concurso de comedia destinado aos actores, que Plutarco [1] atribúe ao orador Licurgo (século -IV). O vencedor do concurso tiña dereito a figurar ipso facto na lista de actores para as Dionisias urbanas. Este concurso tiña lugar probabelmente no teatro de Dionisos en Eléuteras.

Segundo Filóstrato [2], as Antesterias son tamén a ocasión, na época de Apolonio de Tiana (século I), de danzas lascivas acompañada polo aulos e dunha lectura dunha epopea órfica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida dos dez oradores, 841f
  2. Vida de Apolonio de Tiana, iv, 21

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en alemán) Ludwig Deubner, Attische Feste, Berlin, 1932, réimpression Hildesheim, New York, 1969;
  • (en inglés) Richard Hamilton, Choes and Anthesteria. Athenian Iconography and Ritual, University of Michigan Press, 1992;
  • Jean-Charles Moretti, Théâtre et société dans la Grèce antique, Livre de Poche, coll. « Références », 2001

Outros artigos[editar | editar a fonte]