Antares (foguete espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un Antares antes dun voo de probas.

Antares (antes coñecido como Taurus II) é o nome dunha serie de foguetes espaciais construídos por Orbital ATK.

Características[editar | editar a fonte]

Os foguetes Antares son foguetes de capacidade media, capaces de poñer en órbita baixa terrestre ata 6 toneladas de carga. Os Antares complementan aos foguetes lixeiros Pegasus e Minotaur (Minotaur 1, Minotaur 2 e Minotaur 4) de Orbital ATK, adicados ao lanzamento de pequenas cargas a órbita.

A familia está formada por catro variantes cunha primeira etapa común fabricada pola empresa ucraína Yuzhnoe, propulsada ata o 2014 por dous motores AJ26-62, denominación americana dos motores soviéticos NK-33. Despois da explosión dun Antares-130 en outubro de 2014 debido a estes motores, Orbital decidiu a súa substitución por motores rusos RD-181. A segunda etapa pode ser unha Castor-30A para o Antares-110, unha Castor-30B para o Antares-120 ou unha Castor-30XL para os Antares-130 e Antares-230. Como terceira etapa opcional pode usarse unha BTS ou unha máis potente Star-48BV. Os Antares lánzanse desde a Wallops Flight Facility, na illa Wallops.

A codificación do nome dos foguetes segue o seguinte criterio:

  • O primeiro díxito describe a primeira etapa: 1 para as primeiras etapas propulsadas polos AJ26-62 (en desuso) e 2 para as propulsadas por RD-181.
  • O segundo díxito describe a segunda etapa: 1 para os Castor-30A, 2 para os Castor-30B e 3 para os Castor-30XL.
  • O terceiro díxito describe a terceira etapa: 0 cando non se usa terceira etapa, 1 para a BTS e 3 para a Star-48BV.

Ata agora voaron catro variantes: Antares-110, Antares-120, Antares-130 e Antares-230

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 21 de abril de 2013 Wallops Flight Facility Simulador de masa / Dove 1 / PhoneSat v1a / PhoneSat v1b / PhoneSat v2a Éxito Primeiro voo dun Antares. Variante Antares-110.
2 18 de setembro de 2013 Wallops Flight Facility Cygnus D1 Éxito. Variante Antares-110.
3 9 de xaneiro de 2014 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-1 e varios microsatélites. Éxito. Variante Antares-120.
4 13 de xullo de 2014 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-2 e varios microsatélites. Éxito. Variante Antares-110.
5 28 de outubro de 2014 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-3 e varios microsatélites. Fallo. Variante Antares-130. Explosión dos motores.
6 18 de outubro de 2016 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-5 e varios microsatélites. Éxito Variante Antares-230.
7 12 de novembro de 2017 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-8 e varios microsatélites. Éxito Variante Antares-230.
8 21 de maio de 2018 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-9 e varios microsatélites. Éxito Variante Antares-230.
9 17 de novembro de 2018 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-10 / CHEFsat 2 / KickSat 2 / MYSAT 1 Éxito Variante Antares-230.
10 11 de abril de 2019 Wallops Flight Facility Cygnus CRS-11 / VCC A, B, C / Światowid / KrakSat / Bird JPN, LKA, NPL / EntrySat / IOD-GEMS / AeroCube 10A / AeroCube 10B / SASSI2 / Seeker / ThinSat 1A a 1L Éxito Variante Antares-230.
11 2 de novembro de 2019 Wallops Flight Facility [[Cygnus CRS-12] / STPSat 4 / HARP / Phoenix / RadSat-u / SOCRATES / MVP-Argus / HuskySat 1 / SwampSat 2 / AeroCube 14A, 14B / AeroCube 15A, 15B / Orbital Factory 2 Éxito Variante Antares-230+.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2018). "Antares LV" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Antares (Taurus-2)" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Antares-230+" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]