Cygnus (nave espacial)
Cygnus é o nome dun cargueiro espacial non tripulado desenvolvido por Orbital Sciences Corporation e posteriormente fabricado por Northrop Grumman.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]As naves Cygnus foron desenvolvidas orixinalmente por Orbital Sciences Corporation para levar carga á Estación Espacial Internacional baixo o programa COTS da NASA para promover a comercialización do transporte espacial. As naves Cygnus están formadas por dúas seccións: un módulo de servizo e un módulo presurizado. O módulo de servizo contén o sistema de propulsión e enerxía e usa un par de paneis solares. O módulo presurizado está baseado no módulo multipropósito italiano MPLM usado nalgunhas misións dos transbordadores espaciais.[1][2][3]
Hai dúas versións da nave Cygnus: a orixinal, máis curta, era capaz de levar ata 2000 kg de carga á ISS e usaba paneis solares rectangulares; e a mellorada, máis longa e con maior capacidade de carga, ata 2700 kg, con paneis solares circulares e introducida a partir da quinta misión. As naves Cygnus foron deseñadas para ser lanzadas mediante foguetes Antares, pero despois da explosión dun dos foguetes, algunha das Cygnus foi lanzada mediante Atlas V ata que se solucionaron os problemas cos foguetes Antares.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
Cygnus D1 | 18 de setembro de 2013 | Antares 110 | Éxito |
Cygnus CRS-1 | 9 de xaneiro de 2014 | Antares 120 | Éxito |
Cygnus CRS-2 | 13 de xullo de 2014 | Antares 120 | Éxito |
Cygnus CRS-3 | 28 de outubro de 2014 | Antares 130 | Fallo. Explosión do foguete aos poucos segundos do lanzamento por fallo dos motores. |
Cygnus CRS-4 | 6 de decembro de 2015 | Atlas 5 | Éxito |
Cygnus CRS-5 | 18 de outubro de 2016 | Antares 230 | Éxito |
Cygnus CRS-6 | 23 de marzo de 2016 | Atlas 5 | Éxito |
Cygnus CRS-7 | 18 de abril de 2017 | Atlas 5 | Éxito |
Cygnus CRS-8 | 12 de novembro de 2017 | Antares 230 | Éxito |
Cygnus CRS-9 | 21 de maio de 2018 | Antares 230 | Éxito |
Cygnus CRS-10 | 17 de novembro de 2018 | Antares 230 | Éxito |
Cygnus CRS-11 | 17 de abril de 2019 | Antares 230 | Éxito |
Cygnus CRS-12 | 2 de novembro de 2019 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-13 | 15 de febreiro de 2020 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-14 | 3 de outubro de 2020 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-15 | 20 de febreiro de 2021 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-16 | 10 de agosto de 2021 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-17 | 19 de febreiro de 2022 | Antares 230+ | Éxito |
Cygnus CRS-18 | 7 de novembro de 2022 | Antares 230+ | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2023). "Cygnus" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Cygnus-PCM" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Cygnus-PCM (enhanced)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cygnus |