Saltar ao contido

Cygnus (nave espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cygnus CRS-18»)
A Cygnus 5 achegándose á Estación Espacial Internacional.

Cygnus é o nome dun cargueiro espacial non tripulado desenvolvido por Orbital Sciences Corporation e posteriormente fabricado por Northrop Grumman.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

As naves Cygnus foron desenvolvidas orixinalmente por Orbital Sciences Corporation para levar carga á Estación Espacial Internacional baixo o programa COTS da NASA para promover a comercialización do transporte espacial. As naves Cygnus están formadas por dúas seccións: un módulo de servizo e un módulo presurizado. O módulo de servizo contén o sistema de propulsión e enerxía e usa un par de paneis solares. O módulo presurizado está baseado no módulo multipropósito italiano MPLM usado nalgunhas misións dos transbordadores espaciais.[1][2][3]

Hai dúas versións da nave Cygnus: a orixinal, máis curta, era capaz de levar ata 2000 kg de carga á ISS e usaba paneis solares rectangulares; e a mellorada, máis longa e con maior capacidade de carga, ata 2700 kg, con paneis solares circulares e introducida a partir da quinta misión. As naves Cygnus foron deseñadas para ser lanzadas mediante foguetes Antares, pero despois da explosión dun dos foguetes, algunha das Cygnus foi lanzada mediante Atlas V ata que se solucionaron os problemas cos foguetes Antares.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
Cygnus D1 18 de setembro de 2013 Antares 110 Éxito
Cygnus CRS-1 9 de xaneiro de 2014 Antares 120 Éxito
Cygnus CRS-2 13 de xullo de 2014 Antares 120 Éxito
Cygnus CRS-3 28 de outubro de 2014 Antares 130 Fallo. Explosión do foguete aos poucos segundos do lanzamento por fallo dos motores.
Cygnus CRS-4 6 de decembro de 2015 Atlas 5 Éxito
Cygnus CRS-5 18 de outubro de 2016 Antares 230 Éxito
Cygnus CRS-6 23 de marzo de 2016 Atlas 5 Éxito
Cygnus CRS-7 18 de abril de 2017 Atlas 5 Éxito
Cygnus CRS-8 12 de novembro de 2017 Antares 230 Éxito
Cygnus CRS-9 21 de maio de 2018 Antares 230 Éxito
Cygnus CRS-10 17 de novembro de 2018 Antares 230 Éxito
Cygnus CRS-11 17 de abril de 2019 Antares 230 Éxito
Cygnus CRS-12 2 de novembro de 2019 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-13 15 de febreiro de 2020 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-14 3 de outubro de 2020 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-15 20 de febreiro de 2021 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-16 10 de agosto de 2021 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-17 19 de febreiro de 2022 Antares 230+ Éxito
Cygnus CRS-18 7 de novembro de 2022 Antares 230+ Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2023). "Cygnus" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Cygnus-PCM" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Cygnus-PCM (enhanced)" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]