Anta de Prado Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°02′15.7″N 9°01′13.2″O / 43.037694, -9.020333A anta de Prado Garrido é un monumento megalítico situado a un quilómetro da capital municipal de Vimianzo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase do dolmen máis próximo á vila de Vimianzo. Malia o seu pésimo estado de conservación, aprécianse tres esteos da anta, moi desfeita e coas pedras movidas, entre a maleza. Está situada a uns 250 metros sobre o nivel do mar.

Figura no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia co código GA15092115. A propiedade do terreo é privada en réxime de explotación forestal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]