António Teixeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
António Teixeira
Nacemento14 de maio de 1707
 Lisboa
Falecemento1769
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Ocupacióncompositor
editar datos en Wikidata ]

António Teixeira, nado en Lisboa o 14 de maio de 1707 e finado en 1774, foi un compositor portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e morreu en Lisboa. Estudou en Roma de 1714 a 1728, e no día 11 de xuño do mesmo ano foi elixido Capelán-cantor da Sé de Lisboa. Escribiu algunhas cantatas festivas para membros da aristocracia e compuxo música para polo menos tres Óperas de António José da Silva, Guerras de Alecrim e Menjerona, As Variedades de Proteu e O Labirinto de Creta. José Mazza afirmou ter composto sete Óperas, que foron realizados por grandes marionetas, no Teatro do Bairro Alto en Lisboa entre 1733 e 1739. No día 28 de novembro de 1765 tórnase membro da Irmandade de Santa Cecília. A súa obra máis importante é o sacro Te Deum a 20 voces para a igrexa de San Roque, un traballo en grande escala que sofre a influencia do modo policoral do barroco romano. As súas obras sacras están nos arquivos da Sé de Lisboa.

Obras[editar | editar a fonte]

Música vocal secular[editar | editar a fonte]

  • Os esposos felizes (composición 1732, Lisboa)
  • Os encantos de Medeia (ópera, libretto de António José da Silva, 1735, Lisboa)
  • Guerras do alecrim e manjerona (ópera joco-séria, libretto de António José da Silva, 1737, Lisboa)
  • Composición dramática para cantarse en ocasión da felicisima boda da Ilustrísima e Excelentísima Señora D. Joana Perpétua de Bragança co Ilustrísimo e Excelentísimo Señor Marqués de Cascais D. Luís de Castro (1738)
  • Glória, Fama, Virtude (cantata a 3 voces concertadas)
  • Dueto para 2 voces e baixo continuo

Obras de dubidosa atribución[editar | editar a fonte]

  • Vida do grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança
  • Anfritrião, ou Júpiter e Alcmena
  • O labirinto de Creta
  • As variedades de Proteu (1737)
  • Precipício de Faetonte and Esopaida, ou Vida de Esopo

Música sacra[editar | editar a fonte]

  • Misa para 8 voces
  • Misa para 4 voces
  • Miserere para 8 voces
  • Lamentacións de Xeremías o Profeta
  • Salvo para 4 voces para Santo António dos Portugueses (Roma)
  • Varios ofertorios, lamentacións e motetos
  • Te Deum para 20 voces e orquestra (1734)
  • O salutaris hostia para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan
  • Tantum ergo para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M.C. de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)