Antón Rivas Briones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón Rivas Briones
Nacemento1918
 Madrid
Falecemento22 de maio de 2004
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Antón Rivas Briones, nado en Madrid en 1918, e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de maio de 2004, foi un pintor galego que tamén destacou na xilografía e na talla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nace en Madrid, vive desde neno, e ata a súa morte, en Vilagarcía de Arousa. Ós quince anos empeza a traballar como aprendiz nun obradoiro de ebanistería, grazas ao que alcanza un maxistral dominio no traballo da madeira. Compatibiliza a súa actividade profesional coa creación artística, campo no que foi autodidacta, e tanto na súa faceta de tallista, como de xilógrafo, deixou obras de gran perfección.

En 1943, é premiado no Certame nacional de Educación y Descanso para traballadores, e en 1947 e 1948 recibe unha bolsa para estudos de pintura da Deputación de Pontevedra. Tamén por esa época fai tímidas incursións no debuxo publicitario en Madrid.

Na década de 1960, a súa obra, en especial as súas xilografías, comezan a ter éxito entre os coleccionistas de arte galegos, e a súa fama chega a transcender ate EE.UU.[1] .

Nos anos 70, é premiado en varias ocasións na Bienal de Arte de Pontevedra (1970 prata en gravado; 1973 e 1974 bronce en pintura; 1975 prata en pintura), logrando o seu máximo galardón en 1978: a Medalla de Ouro en pintura.

A súa obra atópase espallada en varios museos e en coleccións particulares e institucionais.

O Concello de Vilagarcía de Arousa púxolle o seu nome á sala de exposicións municipal, en 2001, e un ano despois nomeouno fillo adoptivo.

Estilo artístico[editar | editar a fonte]

A súa obra artística se enmarca dentro da xeración galega de posguerra, que se afástase do academicismo para enlazar co o arte das vangardas, aínda que posteriormente evoluciona desde o vangardismo ata un realismo humanista, onde todas as súas composicións xiran en torno á figura humana.

Rivas é un magnífico debuxante que retrata tipos populares de rostros sinxelos e mans grosas e encalecidas, conseguindo que a plasticidade destes personaxes harmonice con un debuxo de vaga ascendencia cubista, e unha intensa cor.

Ten un sentido mural nato, e as súas composicións, recargadas e dramáticas abordan moitas veces temas folclóricos, ou de contexto máxico, con meigas e espectros.

Nos seus gravados prevalecen os tons escuros e as tebras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na revista Artist’s Proof de 1966 pódense ver catro xilografías súas: “Toleirada”, “Estadeo”, “Traballadoras no descanso” e “Choqueirada”

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AA.VV., (2001): Antón Rivas Briones. Viaxe pola memoria do home. Vilagarcía de Arousa, Concellería de Cultura.
  • AA.VV., (1989): 20 años de Arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación.
  • Pablos, F. (1981): Plástica Gallega. Vigo, Caixavigo.
  • Chamoso Lamas, M. (1976): «Arte», en Galicia. Barcelona, Editorial Noguer.
  • Sobrino Manzanares, M.L. (1991): Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña. A Coruña, Deputación.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]